As 67 listas coas que concorre o Partido á cita coas urnas do vindeiro 26 de maio suma 724 veciños e veciñas aos que hai engadir outras 274 persoas que figuran como suplentes das candidaturas populares na provincia ata alcanzar 998 nomes que “conforman os mellores equipos cos mellores programas para cada concello”, engadiu a dirixente popular.
Elena Candia quixo agradecer a todas estas persoas e, concretamente, “aos alcaldes polo seu comprometido traballo” e “aos voceiros que traballan día a día defendendo o proxecto político do PP en clave local vendo que, efectivamente, o primeiro sempre serán os seus veciños e veciñas”. Así mesmo, destaca “a fidelidade e lealdade” daqueles que se despiden da primeira liña da política municipal como Gumersindo Rodríguez, José Antonio Ferreiro e Jesús Carreira -alcaldes do Páramo, O Corgo e Guntín, respectivamente-. Pero tamén ten palabras de agradecemento para os comezan esta nova etapa e, como non, para os que continúan a traballar polos seus concellos”.
Novos cabezas de lista en 29 concellos
Candia indicou que dos 67 cabezas de lista do Partido Popular da provincia un total de 29 non encabezaban a candidatura nos comicios electorais do 2015. Polo tanto, a renovación dos candidatos ás alcaldías alcanza un 43,3%.
Nove concellos contan con mulleres na primeira posición da candidatura popular incrementándose o número de candidatas con respecto ao 2015 nun 50%.