Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas melloran os accesos de 5 parroquias de Ribadeo, beneficiando a 1.000 veciños

Ribadeo, 10 de abril de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, mantivo un encontro con compañeiros da agrupación en Ribadeo no que abordaron o proxecto dos socialistas para poñer en valor o Concello e ofrecer servizos públicos de calidade aos veciños.

Santos Ramos, acompañado da candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, e do Secretario da agrupación, César Fernández, destacaron os investimentos públicos que achegaron os socialistas para os preto de 10.000 veciños de Ribadeo.

“Foron 3,1 millóns os que destinaron os compañeiros do PSOE no Goberno da Deputación para impulsar iniciativas que busquen mellorar a calidade de vida das persoas e dinamicen a economía e o turismo da vila. Estamos moi agradecidos ao Executivo Provincial por demostrar durante todo o mandato o seu forte compromiso cos ribadenses. É unha pena que non poidamos dicir o mesmo da Xunta de Galicia, que leva 10 anos desprezando e mantendo no ouvido aos veciños de Ribadeo”, subliñou Marta Rey.

Mellora de accesos en 5 parroquias
Durante o encontro coa agrupación de Ribadeo, os socialistas aproveitaron para comprobar o resultado dalgunha das actuacións financiadas integramente polo Goberno socialista na Deputación, como a mellora nos accesos de 5 parroquias do Concello que beneficiaron directamente a uns 1.000 veciños.

Os traballos, que contaron cunha achega de 190.000 euros dos socialistas, consistiron no acondicionamento con aglomerado en quente dun total que 5 quilómetros nos accesos dos núcleos das Barreiras e Campoxurado, na parroquia de Vilaselán; na Igrexa e A Campana, na parroquia da Devesa; nas Anzas, na parroquia de Covelas; en Vilausende, na parroquia de Santalla; e en Irexe; na parroquia de Couxela.

Exit mobile version