Site icon Crónica3.com A Mariña

Un cento de persoas rendiron homenaxe este sábado ao empresario mariñán Ramón Hermida con motivo da súa xubilación

Déronse cita en Barreiros, no restaurante O Asador. Ao acto, que foi moi emotivo, asistiron familiares, amigos, compañeiros e colaboradores do homenaxeado. Ramón Hermida chegou ao evento a bordo dun Rolls Royce onde foi recibido polos asistentes ao evento, que en parte foi unha auténtica sorpresa para él, xa que puido ver a compañeiros e amigos chegados dende Madrid, Málaga, Vilalba e dende diferentes puntos da Mariña e da provincia.
Na década dos 80 Ramón Hermida, natural do Valadoure, trasladouse a Burela onde en 1988 puxo en marcha Academia A Mariña.

Exit mobile version