Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse un martes máis diante do centro de saúde e PAC de Viveiro reclamando solucións á Xunta de Galicia

Fano dende hai meses en protesta pola situación na que o goberno galego mantén a atención primaria pública no municipio. A Vicesecretaria de Relacións Institucionais e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acompaña de membros do Goberno Municipal, tamén participaron e denunciaron que o executivo galego non cubre baixas médicas xustificadas nos servizos de atención primaria, pediatría e urxencias.

Exit mobile version