Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre e a tarde laranxa levantarán as mans pola endometriose

Burela 12-4-19. Vista Alegre e a Tarde Laranxa levantarán as mans pola Endometriose, nun día moi especial, coa visita de “querENDO. Mulleres con Endometriose”.

Esta asociación galega, sen ánimo de lucro, naceu no ano 2015 para desenvolver todas as actividades sociosanitarias que sexan necesarias para dar a coñecer a endometriose, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible a deterioración da calidade de vida das doentes.

A Endometriose é unha doenza na que o tecido endometrial medra anormalmente fóra do seu lugar habitual. Trátase dunha doenza crónica, inflamatoria e na meirande parte dos casos invalidante. Afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil, soamente en Galicia a máis de 60.000 mulleres. Dor incapacitante durante a menstruación, dor nas relacións sexuais, dor ao ir ao baño, infertilidade e diminución da calidade de vida son as súas principais consecuencias.

Hai tan só uns meses, en decembro de 2018, outro evento deportivo na provincia de Lugo serviu de altofalante da Endometriose, co partido do CB Breogán e Real Madrid, no Pazo dos Deportes da cidade amurallada.

Exit mobile version