Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre para tod@s

Burela 1-4-19. A pista de Vista Alegre e a devoción polo deporte reuniron o venres pasado o Pescados Rubén Burela FS e a Fundación Eu Son para pasar unha entretida e emocionante tarde arredor do futsal pero tamén doutras disciplinas, como o baloncesto. Dany, Alves, Edu e Lucho compartiron unha divertidísima sesión cos usuari@s de Eu Son, baixo a batuta do técnico de Deportes da Fundación, Pablo Martínez.
Encadrado no proxecto Deporte sen Barreiras, o club mariñán mantén unha nutrida colaboración dende hai tempadas non só coa Fundación Eu Son, senón con outros colectivos como a Asociación Camiña e Axuda ao Enfermo Mental da Mariña participando en xornadas deportivas conxuntas, promovendo a práctica deportiva en igualdade e realizando visitas aos centros.

Exit mobile version