Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os nomes dos gañadores da XVI Ruta das Tapas, que organizou o Centro Comercial Aberto de Foz

O primeiro premio é para a proposta de Espacio Machete coa súa creación Que arda a xarda!; o segundo premio é para a tapa de Anduriña Mensaxe nunha botella: berberechos, cítricos e algas nunha mestura de sabores e texturas; e o terceiro premio é para a creación de Aroma Café denominada Aroma Tropical. Desde Acia-CCA de Foz agradecen “a participación e o esforzo aos quince locais que participaron na XVI Ruta das Tapas, así como a todos ruteiros que saborearon as súas creacións”.

Exit mobile version