Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 16 de xuño unha viaxe polo patrimonio histórico, artístico e natural da Ribeira Sacra

 Foz 2-5-19. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 16 de xuño unha viaxe polo patrimonio histórico, artístico e natural da Ribeira Sacra guiado polo escritor Lois Diéguez, autor de diversos libres de viaxe sobre esta comarca .

O programa é o seguinte:

1. Monforte de Lemos

·Monte de San Vicente: Palacio e Torre. Fortaleza dos Castro. Igrexa e convento de San Vicente. Panorámica ao Val de Lemos e Ribeira Sacra. A historia nace aquí.

·Paseo desde San Vicente ao Convento da Compañía ou dos Escolapios, pasando polo burgo medieval, Muralla e Portas, igrexa de San Domingos, Calexa, rúa do Cardeal, Río Cabe, Ponte Fontecha e Convento dos Esclapios.

2. O Saviñao. Río Miño.

·Panorámica sobre o río Miño, paisaxes de engado.

·Igrexa de Santo Estevo de Ribas do Miño: un canto románico ao sol en figuras maxistrais nos canzorros, xanelas, arcos, columnas, tímpanos. O señor do Sol preside a igrexa. Simboloxías.

·Panorámicas.

3. Ferreira de Pantón.

·Panorámicas á igrexa e convento das Bernardas e San Miguel de Eiré: o encanto ribeirao do románico e o interior destas terras.

Xantar

· Casa de turismo rural Torre de Vilariño en Saviñao..

4. Terras de Sober e o río Sil

·Paisaxes do canón do Sil. Miradoiros, cerámica e algunha igrexa. E se é posíbel un viñiño nunha a dega.

·A personalidade e popularidade da Cerámica de Gundivós.

·Igrexa de Bolmente: unha lección popular do románico e a súa evolución. Pinturas.

·Santuario de Cadeiras e Miradoiro aos cavorcos do Sil. Lendas e lembranzas do cura de Vilar de Ortelle.

·Doade: Paseo deica os miradoiros de Soutochao e Pena do Castelo.

·Posíbel final nunha adega e despedida.

O custo da viaxe é de 33 euros, incluíndo o desprazamento á zona en autobús e o xantar na casa de turismo rural Torre de Vilariño. As persoas interesadas no mesmo deberán inscribirse antes do 31 de maio no email apobadoarco@gmail.com ou no telefone 608-555-010.

Exit mobile version