Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de entregar os premios do VI Certame literario das Letras Galegas

 Trasbar, 19 de maio de 2019.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organizou o VI Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Os Maios”.

Os gañadores desta edición foron Ramón Francisco Eijo Balseiro, de Xove, (1º premio categoría adulto) co relato ”Un soño de Maio” e Carlota Eijo Rodríguez, de Xove, (1º premio categoría infantil) co relato “Os Maios”. Os gañadores recolleron o seu premio este domingo no local social de Trasbar. O premio consistiu nun vale de compra valorado en 100 euros na xoiería “Kessarys” de Burela para o premio da categoría adulto e un vale de compra valorado en 100 euros na zapatería “Calzados Tomás” de Burela para a categoría infantil. A maiores, toda a xente que participou recibirá o seu diploma.

Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar queremos agradecer a participación. Agardamos poder contar coa mesma aceptación en vindeiras edicións deste certame, así como nas actividades que organizamos ao longo do ano.

Exit mobile version