Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación financia con 255.000 euros en Lourenzá a pavimentación do campo de adestramento con céspede artificial

Lugo, 22 de maio de 2019. A Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno financiar con 255.000 euros en Lourenzá a pavimentación do campo de adestramento con céspede artificial. Tamén se acordou o proxecto que determina todas as obras a levar a cabo.

Este Concello conta con dous campos de fútbol (un para disputar partidos e outro de adestramento) que teñen céspede natural, feito que limita aos horas de emprego. Para favorecer a práctica deportiva dos 100 rapaces de distintos equipos e categorías que empregan estas instalacións a diario, dótase de herba artificial a un deles.

O proxecto aprobado implica os seguintes traballos: movemento de terras e escavación en baleirado ata acadar a rasante necesaria para a instalación do firme e dos pavimentos; drenaxe con canaletas nos laterais do campo, tubaxes de PVC e arquetas de fábrica de ladrillo; bordillos de formigón nos fondos do campo… A pavimentación levará un tratamento superficial de base herbicida, base de zahorra artificial de 20 cm.

Instalarase unha rede de rego con aspersores emerxentes, depósito prefabricado enterrado de 20m3 e un grupo de bombeo. Colocaranse 4 picas de córner e unha estrutura de para balóns de 6 m de altura.

O campo pasará por un control de calidade e a obtención de certificación FIFA QUALITY ou FIFA QUALITY PRO.

Exit mobile version