Acto de presentacion da candidatura do BNG e celebración do 40 aniversario do nacionalismo en Viveiro
redac
Este sábado 4 de maio, terá lugar o acto de Presentación da Candidatura do BNG de Viveiro coa que vai concurrir as eleccións municipais do próximo 26 de maio, celebrando no mesmo acto o 40 aniversario do Nacionalismo Galego en Viveiro, con presentación de fotos e documentos de arquivo. Un acto que terá lugar no Salon de Actos do Conservatorio Profesional de Musica de Viveiro a partir das 19.00h, contando coa presencia da deputada parlamentar do BNG, Olalla Rodil, e por suposto, os membros que formarán a candidatura do Bloque Nacionalista Galego por Viveiro.