Site icon Crónica3.com A Mariña

Alberto Rega, alcaldable por Vox Burela, reúnese coa Asociación Unificada de Gardas Civís

 Burela 21-5-19. Este martes o alcaldable de Vox Burela, Alberto Rega reuniuse con representantes da Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) para ver de primeira man como se encontra a situación no municipio burelense, a súa problemática e mostrar o seu apoio institucional mediante a asociación AUGC a todos os gardas civís de Burela e da Mariña Lucense.
Dende a AUGC, mostran a súa preocupación polo abandono que sofre o cuartel polas institucións e pola nula axuda das corporacións locais nos últimos anos. O alcaldable, de primeira man, puido observar como están os arredores do cuartel, prácticamente abandonados, fincas sen rozar, contenedores do lixo insuficientes, a inexistencia de prazas para persoas con mobilidade reducida e unha iluminación escasa para un acuartelamento con servizo 24 horas e que ofrece un servizo ao cidadán exemplar malia de todas estas deficiencias.
Dende Vox Burela, tamén preocupa a seguridade exterior do acuartelamento e traballarase para reducir nese tramo o límite de velocidade e tamén para a creación dun paso de peóns elevado, algo imprescindible dada a gran afluencia de persoas ás dependencias policiais.
Algo inquietante que se pode apreciar son os vehículos intervidos por orde xudicial estacionados enriba da beirarrúa pola falta de instalacións acordes o 2019 e a súa función policial.
Por outra banda, Vox é consciente da escaseza de persoal que o cuartel de Burela sufriu nos últimos tempos e das súas instalacións. Para Vox Burela, a dignificación do cuartel sería necesaria e fundamental. Necesaria, porque o de Burela é compañía da comarca, alberga o posto de seguridade cidadá, ten o subsector de tráfico, policía xudicial e intervención de armas, fundamental para que todos os funcionarios realicen o seu traballo en plenas condicións laborais e de seguridade propias das súas funcións e se reflicte en cada un dos cidadáns que ali acuden por diferentes necesidades. Dita proposta foi levada o Senado, en comisión de interior Núm 432 do 15 de novembro do 2010 en moción 661/000633. Pois ben, nove anos despois, e tras o paso de diferentes gobernos centrais, a situación está, por desgraza. Dende a AUGC móstrannos a súa preocupación e solicitan que se active o máis axiña posible e se leve a cabo.
Tamen, para concluír, é difícil de entender como Burela aínda non ten una grúa municipal que sería necesaria para realizar non só tarefas relacionadas coa policía local, senón tamén, en caso de requerilo, por razóns de seguridade ou de forza maior.

Exit mobile version