Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado de Educación Infantil do Ceip Virxe do Carme, de Burela, participaron nunha actividade titulada Ecoconsellos de Thelma, organizada polas monitoras de Gaia, que pertence á Concellería de Medio Ambiente

Os nenos e nenas visualizaron uns vídeos sobre a importancia das 3R: reducir, reciclar e reutilizar e posteriormente realizaron un mural con algúns dos consellos que aparecían nos vídeos como a importancia de usar os distintos colectores de forma correcta (azul, amarelo, verde iglú e orgánico), pechar os grifos da auga cando non se estén utilizando, utilizar bolsas de tea, reutilizar xornais e papeis usados, etc.

Exit mobile version