
Cunha espatula e spray “animamos a pequenos e maiores a que nos axudasen a quitar chicles que tardan uns 5 anos en desaparecer do chan, ensucian e afean o pobo, dan moito traballo, leva moito tempo e ten un custo importante”, explican desde Gaia. Desde a Concellería de Medio Ambiente engaden: “estamos intentando concienciar do importante que é non tirar o lixo ao chan, de recoller os excrementos dos cans, reciclar…son actitudes que non custan nadan e que axudan a ter un mundo mellor, máis limpo e sostible”. Á Praza da Mariña tamén acudiron os rapaces e rapazas da Asociación Camiña “que viron no facebook de Medio Ambiente a actividade, e viñeron a axudarnos e a colaborar”, sinalan desde Gaia.