
Alí fixeron dúas actividades: colocaron o stand nas inmediacións do colexio á hora da entrada dos nenos e nenas e repartiron ecopoops entre os que tiñan can, e logo realizaron outra actividade cos rapaces de 1° de Primaria. Segundo explican as monitoras “a través dun pequeno video concienciamos aos peques da necesidade de recoller as cacas dos cans, non só por estética do pobo, senón tamén por saúde, e ademáis fixeron cartaces con lemas inventados por eles para concienciar neste tema”. De agasallo recibiron un ecopoop.