Site icon Crónica3.com A Mariña

Asemblea Xeral Socios AAVV “O Vencello”

Burela 27-5-19. O vindeiro xoves 6 de Xuño de 2019 terá lugar no Salón da Antiga Biblioteca de Burela a Asamblea Xeral de Socios da Asociación de Veciños “O Vencello” ás 20:00 horas en primeria convocatoria e 08:30 horas en segunda convocatoria co seguinte orde do día:
1. Aprobación da Acta Anterior
2. Resumen económico dos exercicios 2017 e 2018
3. Resumen de actividades e actuacións durante os exercicios 2017 e 2018
4. Actividades en programación para 2019/2020
5. Comunicación de apertura do proceso electoral para elección da nova directiva da Asociación (Outubro 2019)
6. Rogos, propostas e Preguntas
Ademáis daráselle traslado ós socios da iniciativa que, a través dos xestores da Alfombra Floral de Burela, para a preparación e apertura de expediente/memoria que se enviará ó Concello para que tramite ante a instancia correspondente, neste caso o Consello Galego de Turismo, a fin de que dita Alfombra sexa declarada de Interese Turístico Galego posto que, revisados os aspectos a ter en conta, reúnense sobradamente todos eles para que dito galardón sexa concedido.
A Asociación está a realizar unha memoria completa así como a recopilación de documentación audiovisual e gráfica para acompañar a mesma. Esperamos que dita solicitude sexa do agrado do equipo de goberno e conxuntamente se fagan os esforzos necesarios para que algo tan significativo e arraigado no pobo teña o recoñecemento que se merece na nosa Comunidade e así poder ter un aliciente máis para atraer visitantes e que se nos coñeza máis fora do noso entorno xeográfico.

Exit mobile version