Balseiro revela que con data 31 de xaneiro o Concello de Ribadeo presentou un escrito, asinado polo alcalde, desistindo da solicitude de axuda que nun primeiro momento formularon con cargo á orde de mellora das infraestruturas públicas, e por iso este municipio non aparece entre os beneficiarios das axudas que veñen de facerse públicas en días pasados.
“Supoño que en período electoral hai quen pensa que todo vale contra os que o propio alcalde cualifica como adversarios políticos, pero para que non quede ningunha dúbida nós facemos pública a carta, asinada polo propio alcalde, na que fai efectiva á renuncia a esta axuda da Xunta. O que non se pode é criticar por criticar, e facelo sen fundamento”
O delegado afonda nesta cuestión e aclara que a carta de renuncia asinada por Suárez Barcia demostra sen lugar a dúbidas que o Concello de Ribadeo primeiro, con data 22 de xaneiro, solicitou unha axuda da Xunta, en concreto para financiar a obra de renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros e, oito días despois, o 31 de xaneiro, presentou un escrito renunciando a esta axuda da Xunta.