Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro destaca que a diversidade de establecementos de aloxamento enriquece a oferta turística de Foz na presentación do Oca Playa de Foz spa

 Foz, 09 de maio de 2019.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou este xoves na inauguración do Hotel & SPA Oca Playa de Foz, onde salientou que “a posta en marcha dun novo negocio sempre é motivo de satisfacción”, tanto para os promotores como “para o entorno”, dado que “son os emprendedores os que fan medrar a economía local”.

Balseiro felicitou aos responsables deste proxecto, “que desde a iniciativa privada renova o turismo na Mariña” e vén a “engrosar e diversificar a oferta hoteleira de calidade” en Foz, xa que conta cun factor diferenciador, “como é o de ser o primeiro hotel de catro estrelas deste concello”. O delegado incidiu en que “o papel das Administracións é dar un empuxe a estas iniciativas que reforzan o noso tecido empresarial, creando emprego e riqueza”. Nese sentido, lembrou que este foi un dos proxectos apoiados pola Xunta na Mariña a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda.

Exit mobile version