Site icon Crónica3.com A Mariña

Cajoto: “Entre todos imos conseguir que haxa de novo un Goberno Socialista que defenda os intereses dos veciños de Foz”

 Foz, 24 de maio de 2019.- “Entre todos imos conseguir que haxa de novo un Goberno Socialista que defenda os intereses dos veciños de Foz”, destacou o candidato do PSOE á alcaldía, Francisco Cajoto. Díxoo no mitin celebrado este venres no que estivo arroupado polo Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo, o Secretario Xeral Local, Francisco Linares, así como o resto de persoas que integran a lista dos socialistas para as Eleccións Municipais.

Fracisco Cajoto agradeceu todo o cariño amosado polos focenses durante estas semanas de campaña e subliñou que “respíranse aires de cambio, nótase nas persoas polas rúas, os veciños queren un goberno de esquerdas que xestione o noso Concello adecuadamente. E iso sucederá da mao do Partido Socialista, con humildade e respecto, como fixemos durante todos estes días. Propoñendo iniciativas e evitando a confrontación. Porque iso é o que nos caracteriza a este grupo de persoas que nos presentamos coa ilusión de facer de Foz o municipio que todos queremos. Un Goberno sensato, responsable e decente, que esixa a todas as administracións colaboración para sacar adiante proxectos importantes para o Concello. A mesma implicación que amosaron os compañeiros dende a Deputación achegando preto de 3 millóns en novos investimentos para Foz. Porque dende o PSOE demostramos con feitos o noso compromiso cos veciños”.

“Nas Eleccións Xerais demostramos que se pode. Agora nas locais demostraremos que tamén se pode. Temos que encher das urnas de votos socialistas para saír do abandono e a parálise que sufrimos estes 4 anos. Foz vai deixar de ser un Concello sen oportunidades para volver a ser un referente en toda a Mariña”, subliñou o socialista.

Exit mobile version