Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlos Rivas quere potenciar o mercado e “achegalo á xente para que Vilanova “sexa de novo un referente comercial no Val e serva así de catalizador para facer medrar a economía”

 Lourenzá 20-5-19. Logo dun paseo electoral no que parou a falar con comerciantes e veciños da vila, o candidato á alcaldía por Compromiso por Galicia, Carlos Rivas, declarou que a súa intención é potenciar o mercado en Lourenzá para que se faga semanal e forme parte integral da vila, “de xeito que se achegue máis á xente”. Rivas, que estivo acompañado polo Secretario Xeral da formación galeguista e candidato ás eleccións
europeas, Piñeiro Docampo, entende que “Lourenzá debe recuperar o liderado no comercio do Val, porque isto servirá para revitalizar a economía da zona”.
Rivas adiantou que xestionará un sistema municipal de transporte desde as parroquias ao centro da vila, “ben sexa mediante un acordo cos taxistas ou novos sistemas que faciliten o dinamismo e a accesibilidade dos veciños e veciñas”. “Vilanova ten que ser un referente comercial no Val, porque iso impulsará a economía e fará de catalizador para a mellora de diferentes sectores”, advertiu o alcaldable por CxG.
Carlos Rivas lidera a candidatura galeguista de Compromiso por Galicia para Lourenzá, cunha clara vocación europeista, e coa determinante aposta pola participación cidadá como catalizador das políticas útiles para o conxunto dos veciños e veciñas de do concello.

Exit mobile version