Site icon Crónica3.com A Mariña

Ciudadanos Burela lémbralle aos socialistas que non fixeron nada para regularizar o mercado semanal

Burela, 19 de maio de 2019. Os integrantes da candidatura de Ciudadanos Burela asistiron o venres ao mercado semanal cunha caseta onde repartiron folletos informativos do seu programa electoral.

A formación laranxa aproveitou este lugar para lembrar que a día de hoxe “non se sabe nada” dos diversos anuncios feitos polo actual alcalde, Alfredo Llano, e o seu grupo de Goberno para solucionar os problemas do mercado municipal.

Para Manuel Vicente González, candidato de Cs á alcaldía de Burela, as “reiteradas mentiras de Llano respecto diso” son unha boa mostra da política dos socialistas. “Só se limitaron a realizar unha infinidade de declaracións: En setembro de 2016 falaban dunha recolocación na zona de Torrentes; en xuño do ano seguinte (2017) anunciaban que á volta do verán pasaríano para as prazas da Mariña e do Concello; pero a realidade é túzara e o certo é que o mercado segue na mesma situación que fai catro anos. Seguimos cunhas ordenanzas desactualizadas e tampouco se aplican as existentes” dixo Vicente González, quen asegurou que esta mañá comprobaron que o Concello está a cobrar os postos “de forma irregular e sen adecuación a ningunha ordenanza municipal”.

Cs Burela veu reiterando neste últimos catro anos a necesidade de buscar unha solución definitiva neste asunto tendo en conta a opinión de toda a cidadanía e conseguir así unha convivencia e unha legalidade da cal carecemos actualmente. Hai que
dar solución os problemas derivados desta celebración en pleno centro urbán como son os vados, o lixo xerado e demais inconvenientes que venres tras venres deben soportar un número importante de veciños.

Por todo isto, en Ciudadanos comprometémonos a acometer á regularización desta celebración semanal cando alcancemos a alcaldía. Garantizaremos o bon funcionamiento do mercado, a sua seguridade e a convivencia entre residentes, compradores e comerciantes ambulantes; e para elo entablaremos conversacións con todas as partes afectadas e coa valentía e seriedade necesaria da que careceron os socialistas nestes catro anos ao fronte do Goberno municipal.

Exit mobile version