Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado dos traballadores de Sargadelos: “UXT non nos representa”

Cervo 24-5-19. Os traballadores de Sargadelos temos que enterarnos pola prensa de que, aquela demanda que se fartaron de decir que non fora presentada, a demanda de conflicto colectivo interposta pola UXT contra Sargadelos polo presunto incumprimiento de convenio laboral foi admitida a trámite.
Estimados sindicalistas, o afán de vostedes para poner todo en mans da xustiza, ponnos na obriga, por segunda vez nun período de menos de un ano, á amplísima maioria dos traballadores de Fábrica de Sargadelos, de volverlles a pedir que non acometan contra a empresa en defensa nosa, e ímoslle pedir por puntos, a ver si así desa maneira o entenden mellor.
1. Vóstedes hoxe en dia non nos representa nesta empresa.
2. Cada traballador somos conscientes do contrato que firmamos e aceptamos ca empresa, polo tanto deixen de pedir por nós cousas que nunca pedimos.
3. E sobre todo, e iso pedímosllo encarecidamente, non fagan as cousas ó seu libre albredrío como o fixeron ata o de agora, porque o mínimo que terían que facer era consultarnos ós propios traballadores.
4. Volvémoslles a pedir, por segunda vez, que respecten a decisión da maioría, casi unánime dos traballadores, e CESEN xa de ese CAPRICHO PERSOAL contra a empresa, porque van acabar cos nosos postos de traballo e non creemos que UXT teña tantos postos remunerados vacantes para admitir a toda esa xente que poida saír perxudicada cas súas actuacións.
Esperando que acepten o que lles pedimos, desexamos poder seguir como ata o de agora onde todos estamos a gusto e desfrutando dun posto de traballo digno e remunerado segundo o pactado.

Exit mobile version