Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG fará de Burela a capital do galeguismo

burela 20-5-19. Moñita apostará pola cultura galeguista en Burela e comprometerse a facer unha exposición en Burela de documentos históricos dos pactos do Galeusca, tanto o de 1923 coma o de 1941.
Entre ditos documentos existen orixinais da Irmandade Nacionalista Galega asinados por Vicente Risco, así como documentos do Partido Galeguista e do Consello de Galiza tamén asinados por Castelao, Antonio Alonso Rios e Lino Pérez.
Esta exposición traerá a Burela a moitos visitantes, e fará da vila a capital cultural Galeguismo, xa que moitos destes documentos será a primeira vez que se podan ver en Galicia, e colocarán a Burela no lugar que merece.
O pacto Galeusca de 1923, chamado tamén “a triple alianza”, foi asinado por varias asociacións de Galicia, Pais Vasco e Cataluña, no que se reclamaba a plena soberanía destas rexións, que se definían como nacións e propoñían un consello común para unir forzas. Posteriormente, tras caer en vía morta, no ano 1941 en Buenos Aires, volveuse a firmar o pacto co nome de Galeusca, e nel reclamábase a autodeterminación dos tres pobos.
Burela merece una exposición deste calibre e ademais entendemos que é unha forma de axudar ao comercio de Burela, atraendo xente á vila con exposicións ou actos que a fagan atractiva. É importante tamén traballar na memoria histórica do Galeguismo e do nacionalismo, para o cal contamos coa axuda do PNV dixo Moñita.

Exit mobile version