Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG propón a creación dun viveiro de empresas no polígono que serva de catalizador e dinamice a economía de Foz

Foz 24–5-19. O alcaldable de CxG para Foz afirma que “uns dos obxectivos mais marcados da nosa candidatura é actuar sobre o ámbito industrial e laboral de Foz. Pretendemos establecer xa as bases dunha alternativa firme que nos faga depender menos de Alcoa e do turismo”. Nese sentido, Damián Sánchez advirte que “o eixo do noso proxecto será una posta en valor do polígono industrial de Fazouro, no cal pretendemos habilitar a nave do Concello para que serva de Viveiro de empresas apoiada en tres piares que
traballaran en concordancia: por un lado ás instalacións dedicadas a ‘coworking’, nas cales daremos a oportunidade aos emprendedores da zona de dispor dunhas oficinas para establecer o seu lugar de traballo por un módico prezo de aluguer, no que se crearán sinerxias entre diferentes profesionais co obxectivo de que nazan novas empresas que ocupen chan baleiro no polígono”.
O segundo piar será unha “oficina exterior de captación de fondos de inversores que terá como obxectivo atraer a empresarios de outras zonas para desenvolver a súa actividade no polígono de Fazouro, facéndolles ver as vantaxes competitivas da zona”. Tal e como enumera o candidato, o terceiro piar da proposta para o polígono “será crear unha aula de mestría profesional, que traballará en colaboración dos diferentes empresarios da comarca, co gallo de que estes nos orienten sobre a demanda non cuberta de profesionais para sectores específicos. Esta iniciativa servirá como
complemento os diversos ciclos formativos e terá como obxectivos dar unha saída laboral e cubrir demandas do mercado laboral”.
Damián Sánchez considera que esta será “a primeira pedra nunha serie de medidas encamiñadas a fortalecer un sector ausente ata o momento na Mariña lucense e no sector Industrial”.

Unha rede colaborativa entre o sector educativo e as empresas

O alcaldable por Compromiso por Galicia quere “que o concello de Foz estea na vangarda das iniciativas de apoio aos nosos centros educativos” e para iso planea fortalecer os canles de comunicación para escoitar todas as necesidades que nos demanden, “e levaremos a iniciativa en actividades extraescolares que teñan como obxectivo fomentar a sensibilidade social e achegar ao alumno gradualmente as ferramentas e medios necesarios para desenvolverse no mercado laboral do futuro”.
Damián Sánchez pensa que “se a informática supuxo o cambio a educación 2.0, agora temos que adaptarnos ao seguinte paso que se nos presenta: o networking”. E para iso considera que desde o Concello de Foz se deben fomentar “as capacidades colaborativas dos alumnos para ensinarlles como sacar o máximo partido do entorno”.

Exit mobile version