Este plan contempla varias liñas de actuación: becas para que mozos lucenses se formen en nichos de emprego da provincia, axudas directas ás empresas do territorio que garantan a contratación destes novos profesionais, así como aos rapaces que decidan emprender, abrindo o seu propio negocio na provincia.
Este programa arrancará en xuño con sesións informativas para mozos e empresas. Os fondos recibidos do Goberno Central proveñen dun pioneiro plan estatal de fomento do emprego en Concello de menos de 5.000 habitantes para ofrecer oportunidades no rural e combater o seu despoboamento demográfico.