Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo levouse a cabo a derradeira xornada da liga Asturiana de Hockei liña na categoría senior na que o equipo Trasnos do club de hockei Isla Pancha se presentaba con opcións de acadar o segundo posto

No primeiro partido contra Guardians o equipo de Ribadeo foi quen de impoñerse, afianzando así a segunda de maneira automática. Un partido intenso xa que os dous equipos aspiraban ó mesmo posto. No derradeiro partido da competición o Trasnos cedeu ante a veteranía e o bo facer do equipo Sobreruedas Torrelavega que se proclamba campión invicto da Liga, creando deste xeito un novo reto a superar polo equipo mariñán. A vindeira fin de semana porase o peche á tempada da Federación Galega coa disputa dos play-off e o all-star no pavillón Daniel Cordido de Lugo.

Exit mobile version