Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo o Grupo de Sendeirismo da ACD.Xove, desprazouse ó Concello de Becerreá, para facer a ruta do “Sendeiro de Quintá-Río Donsal”.

Este Sendeiro ten como creador e promotor á Asociación Castaño y Nogal de Quintá de Cancelada, unha parroquia do Concello de Becerreá. O sendeiro pasa por tres Concellos, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes. Dentro do Sendeiro pódese acceder a unha das fragas máis bonitas de todo os Ancares, a Fraga da Valiña. Ó final da Ruta, o Grupo achegouse a Navia de Suarna para facer unha visita á localidade.

Exit mobile version