Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns as monitoras de Gaia do Concello de Burela estiveron cos rapaces de Eu Son celebrando o Día da Reciclaxe, que tivo lugar o 17 de maio, coincidindo coas Letras Galegas.

 Segundo explican desde Gaia “este día bríndanos unha oportunidade para recordar a estratexia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, que busca reorientar o comportamento dos cidadáns con vistas a mellorar o medio ambiente. Para celebrar este día tan importante, organizamos un xogo denominado Pesca de envases, no que houbo que pescar un envase e depositalo no contenedor de recollida selectiva que lle correspondía”.

Exit mobile version