Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes, alumnado de 2º de Eso do IES Plurilingüe Castro da Uz – As Pontes fixo unha visita cultural a Museos da Mariña, acompañado de profesorado residente ou moi vinculado á comarca, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística

Comezaron coa visita ó Museo das Zocas no Castro de Ouro (Alfoz) guiados polo zoqueiro Alberto Geada, rematando cun picnic de pan con mel do propio Val do Ouro. Polo mediodía, Lino Pernas fixo de guía na Barco Museo Reina del Carmen no peirao de Burela. De sobremesa fíxose un roteiro polo paseo marítimo ata o Cabo Burela, retomando dende alí a viaxe en bus cara San Cibrao para ir ata a zona da Atalaia a visitar o Faro e logo rematar a viaxe á Mariña no Museo Provincial do Mar, guiados de xeito formidable por Amelia e Ángeles.

Exit mobile version