Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF aposta por construir un gran parque infantil cuberto, un centro social para os veciños de Vilaxoane e un auditorio-casa da música

Foz O Candidato á Alcaldía por Foz, Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi comprométome cos veciños do noso concello a que si son o próximo Alcalde de Foz, á construción dun gran parque infantil cuberto, para dar cobertura ás necesidades das familia que teñen nenos pequenos,qu e en días de mal tempo non teñen a onde levalos. Unha demanda de moitas nais e pais para poder ter un sitio de uso e desfrute para os seus pequenos para que non teñan quie quedar na casa.
Pero “Foz, Plataforma de Futuro” traballa tamén pensando nos barrios do noso Concello, barrios que consideramos que teñen que pertencer ó Casco urbano da nosa Vila, e non poden seguir abandonados como ata a fecha polo goberno do Partido popular, por iso comprometémonos á construción dun local Social para os veciños e veciñas de Vilaxoane, único barrio do noso Concello que non dispón dun local destas características.
Así mesmo, tamén apostamos pola Cultura, fomos o primeiro partido político da Corporación Municipal na anterior lexislatura, que levou novamente o tema do Auditorio-Casa da Música a pleno. Apostamos pola construción dun Auditorio-Casa da Musica no noso Concello consensuando a súa ubicación co resto de partidos políticos da Corporación municipal.

Sabemos cara onde queremos ir, cara a modernidade, cara a levar unha xestión do noso concello onde os veciños sexades parte importante, pero tamén sabemos de onde vimos, recuperamos a nosa historia, a nosas tradicións.

Foz Plataforma de Futuro sigue apostando polos veciños e veciñas de Foz. Vós sodes a nosa prioridade.

Exit mobile version