Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF aposta por crear unha liña verde municipal, xestionar a adquisición do antigo “baile de Benito” en Vilaronte e a creación do “Museo do Mar e das súas Xentes”

Foz 20-5-19. O Candidato á Alcaldía por Foz, Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi comprométome cos veciños do noso concello a que si son o próximo Alcalde de Foz, crearemos e poñeremos en funcionamento a LIÑA VERDE municipal, unha plataforma que inclúe una serie de servizos para mellorar a xestión municipal, a resolución de incidencias na vía pública e fomentar a comunicación cos veciños e a concienciación e información ambiental.
O veciño disporá dunha aplicación móbil, completamente gratuíta para:
Participar activamente na mellora do seu pobo, podendo informar dos desperfectos.
Ter acceso directo a información medioambiental e municipal de alto valor.
Resolución de cuestións e/ou dubidas medioambientais de maneira personalizada nun prazo máximo de 24 horas.
Dispoñer dunha liña directa de comunicación cos responsables municipais
Fácil de usar, intuitivo e gratuíto.

Para nós as parroquias tamén contan, e imos facer as xestións necesarias para a adquisición do antigo “BAILE DE BENITO” en Vilaronte e poñelo a disposición de todos os veciños e destinalo a actos culturais e lúdicos. Traballaremos forte para recuperar este vello edificio emblemático e o seu entorno e poñelo para uso e desfrute dos veciños.
Non esquecemos de onde vimos, e o mar está presente na historia de Foz e das súas xentes. Traballaremos arreo para a creación do “MUSEO DO MAR E DAS SÚAS XENTES”, porque é a nosa historia, son as nosas raíces e a fonte da que bebeu este concello durante moitas décadas.

Sabemos cara onde queremos ir, cara a modernidade, cara a levar unha xestión do noso concello onde os veciños sexades parte importante, pero tamén sabemos de onde vimos, recuperamos a nosa historia, a nosas tradicións.

Foz Plataforma de Futuro sigue apostando polos veciños e veciñas de Foz. Vós sodes a nosa prioridade.

Exit mobile version