Site icon Crónica3.com A Mariña

Gañadores do 1º Open de Tute “Concello de Cervo”

Celebrouse na Praza dos Campos de San Cibrao e foi organizado pola asociación de veciños “Cruz da Venta” e polo Telvi´s Local Place, coa colaboración do Concello de Cervo. Participaron 64 parellas. Gañadores: Miguel Murado e Héctor Rodríguez. Finalistas: Miguel Villarquide e Javier Valle. Semifinalistas: Seito Méndez e Antonio Zorollo; e Suso e Pacolo. O prezo da inscrición era de 120 euros por parella, íntegros para premios e con cea incluída. Houbo obsequios para todos os participantes, e sorteáronse ceas, noites de hotel e diferentes agasallos e lotes de produtos.

Exit mobile version