En total, adxudicáronse 14 parcelas cun prezo de venda que ascende a 5.388.897,58 euros, unha vez descontadas xa as bonificacións correspondentes –que poden ser do 30 ou do 50%, en función do concello no que estea o parque- e que suman en global 2.754.405,85 euros, tal e como se detalla.
PARQUE
NÚMERO DE PARCELAS
SUPERFICIE m2
IMPORTE DA BONIFICACIÓN €
Bértoa (Carballo)
3
7.317
271.746,53
A Sionlla (Santiago)
3
21.669
980.960,40
Negreira
2
3.213
69.679
Pereiro de Aguiar
2
3.750
300.000
Central de transportes de San Cibrao das Viñas
1
5.338
183.482,14
Mos
1
16.730
569.321,90
As Gándaras (Lugo)
1
10.159
482.552,50
Viveiro
1
1.318,53
49.444,88
TOTAL
14
69.494,53
2.754.405,85
Cómpre lembrar que desde o ano 2015, no que a Xunta comezou a aplicar este tipo de bonificacións, adxudicáronse máis de 1,4 millóns de metros cadrados de solo empresarial nos parques propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur, con descontos que suman 46,59 millóns de euros. Na mesma liña, cómpre lembrar que a partir do ano 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicación de solo en forma de dereito de superficie, unha modalidade que lle permite ás empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido por metro cadrado.
Para continuar facilitando o acceso a solo empresarial nalgún dos parques existentes da comunidade, a Consellería de Medio Ambiente puxo este ano a disposición das empresas galegas ou daquelas de fóra interesadas en asentarse na comunidade máis de 1,25 millóns de metros cadrados pertencentes a Xestur e ao IGVS con prezos de venta bonificados nun 50% ou nun 30%, dependendo da zona onde se empracen as parcelas.