Site icon Crónica3.com A Mariña

Miriam Bermúdez: “Temos as ideas claras e así o demostra o feito de que somos a única forza política de Viveiro que fixemos público o Programa de Goberno Municipal”

 Viveiro 13-5-19. Así de contundente é Miriam Bermúdez cando xa pasou un mes dende que publicaron o Programa de Goberno. Destaca que é un programa creado en colaboración coa veciñanza e as diferentes e numerosas asociacións de todo o concello.

Dende unha Rede Museística ao longo de todo o concello cunha programación anual de actividades e un calendario de visitas para dar a coñecer a riqueza cultural, económica e patrimonial do concello, até a creación dun banco municipal de vivendas en alugueiro nas parroquias do rural para mozas e mozos co obxecto de facilitar o acceso á vivenda á mocidade e fixar poboación no rural de Viveiro.

O BNG fai especial máis fincapé no punto 12 do seu programa, que é no de avanzar na democratización do Concello, Míriam Bermúdez aclara que “co BNG no concello de Viveiro propiciarase a participación da veciñanza na toma de decisións do concello para avanzar na democratización da institución local”. Tamén destaca que para que isto sexa realidade é necesario fomentar a implementación e mellora dos mecanismos de participación tanto no nivel sectorial como territorial, “algo que no BNG xa vimoa facendo ao longo dos anos e estamos acostumados a facer”, conclúe.

Gloria R. Llanderrozas, a número 3 da candidatura do BNG de Viveiro: “a participación da veciñanza nas decisións que deba tomar ou non un Concello son do “abc” da democracia municipal. Un concello non se pode permitir que a veciñanza non sepa que medidas tomarán nin que non teñan voz os veciños, tal e como está pasando co parque Pernas Peón”.

Exit mobile version