Site icon Crónica3.com A Mariña

Moi boa fin de semana para os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro

 Viveiro 20-5-19. Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, participaron esta fin de semana en dúas competecións, o Campionato de España de Milla e o Campeonato Galego de Trail.
No Campeonato de España de Milla que se celebrou en Moratalaz (Madrid), o atleta do C.D.Egovarros-Viveiro, José Rioseco proclamouse campión da categoría M75 na proba da milla, batindo o record de España cun tempo de 6 minutos 1 segundo e 15 centésimas.
No Galego de Trail a saída celebrouse no mirador da Curotiña, na Pobra do Caramiñal, cunha distancia de 23,5km e un percorrido moi perigroso debido á choiva do día anterior, por sendeiros do monte con bastantes baixadas e subidas constantes, acadaron dúas medallas de ouro e unha de bronce. No apartado femenino proclamouse campiona galega na categoría de W60, Elisa Paz; No masculino o campión galego en M75 foi Antonio Cabana e na categoría M60 a medalla de bronce foi para Jose Luís Meizoso.
Lamentar a mala sorte doutro atleta do C.D.Egovarros, Domingo Álvarez quen non puido rematar a proba por sufrir unha caída e romper o hombreiro esquerdo.

Exit mobile version