Site icon Crónica3.com A Mariña

Mon: “O PSOE é a alternativa sólida para que Cervo esperte do letargo destes 19 anos de políticas de dereitas do PP”

 Cervo, 24 de maio de 2019.- “Os socialistas demostramos con feitos que somos os únicos que estamos comprometidos cos veciños de Cervo. O fixemos dende a oposición, propoñendo iniciativas que sempre foron rexeitadas polo PP; o levamos a cabo dende a Deputación, achegando máis de 1,5 millóns para mellorar servizos básicos; e o materializamos dende o Goberno do Estado, recuperando o Estado de Benestar. Porque o PSOE é a alternativa sólida para que Cervo esperte do letargo destes 19 anos de políticas de dereitas do PP”, destacou o candidato á alcaldía, Francisco Mon. Díxoo no mitin celebrado este venres no que participaron a Deputada do PSOE no Parlamento Galego, Patricia Otero, e a número 2 na candidatura socialista, María Luján.

“Necesitamos un Goberno en Cervo que empuxe, que esixa a todas as institucións que colaboren e que traia novos investimento ao Concello. Ao igual que os nosos compañeiros dende a Deputación, que cumpriron cos cervenses coa rehabilitación da escola unitaria, co paseo peonil de Sargadelos, con melloras no saneamento rural, coa dotación de novas pistas de padel, coa ampliación de alumeado público ou co acondicionamento de accesos e camiños. Porque os socialistas estamos sempre aí, cando se nos necesita, defendendo os intereses de todos os veciños por igual. E de iso depende o futuro do noso Concello, de quen goberne os próximos 4 anos, para poder contar con un futuro e tamén con infraestruturas e dotacións públicas que merecemos”.

O candidato explicou varios dos proxectos que queren desenvolver os socialistas como medidas e incentivos tanto á vivenda coma nos servizos, para que os cidadáns escollan Cervo como sitio preferente para establecerse; a creación dun Plan de Emprego Municipal, para fomentar a creación de postos de traballo de calidade e de futuro; potenciar a dinamización do Polígono Industrial de Alcoa, así como o Polígono de Cuíña impulsando os seus accesos por Espiñeirido; e revitalizar o comercio e o turismo ao seren os piares sobre os que descansa a economía do Concello.

Francisco Mon subliñou que “este 26 de maio xogámonos que Cervo teña un futuro mellor e deixar atrás os anos tristes e escuros do PP. É o momento de mirar cara adiante. É o momento de Cervo”.

Exit mobile version