Site icon Crónica3.com A Mariña

Moñita advirte que CxG non pactará con Llano nin Ramiro

 Burela 19-5-19. O candidato por CxG para Burela declara que “é preciso que a xente que queira ou estea pensando en votar a Compromiso por Galicia en Burela teña claro con quen estariamos dispostos a asinar no caso de que fose necesario para formar o goberno”. “Poden darse múltiples posibilidades nestas eleccións municipais de 2019 e supoño que moitos votantes quererán saber con que condicións prestan o seu voto durante lestes catro anos”.
Dende CxG as agrupacións locais teñen total independencia para as súas accións, xa que son as propias agrupacións as que coñecen a realidade do seu concello. “Por iso xa anticipamos que nós falaríamos con todas as forzas para formar goberno, excepto VOX”, aclara o candidato.
Moñita advirte que “existen certos matices importantes, no caso de negociar co PSOE. Nese caso faríamolo directamente coa número 3, Carmela, xa que non contemplamos a opción de manter no Concello ao Señor Llano nin ao Señor Ramiro. Do mesmo xeito, no caso de ter que falar co PP de Burela, mentres o señor Rouco non aclare se incumpriu a normativa sendo Xuíz de Paz en Cospeito e asesor da Deputación ao mesmo tempo, mentres non aclare se incumpriu a normativa sendo Xuíz de paz en Cospeito e estar afiliado e liderar unha xestora dun partido político ao mesmo tempo, mentres non aclare se sendo Xuíz de Paz traballou ou non para a empresa pública Espeaga, o cal está prohibido, non falaríamos tampouco con el. Non vale a
calada por resposta en temas tan importantes”.
O alcaldable por CxG lamenta “que os votos do BNG sirvan historicamente de colchón de seguridade ao PSOE, xa que esta actitude lastra terriblemente o pasado e ou futuro do Concello, e de ter que falar tamén co BNG teríamos que estudar detalladamente antes o compracente que foi o señor Pillado co goberno do señor Llano”, remata.

Exit mobile version