A Casa de Uxío Novoneyra, sede da Fundación co mesmo nome, en Parada do Courel.
A Souto da Ruibal, incluido no Catálogo galego de árboles senlleiras, e que se atopa nas inmediacións da casa.
A aldea de Froxán, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), pola súa importancia etnográfica.
IMPORTANTE! Facemos dúas puntualizacións: andaremos 1 km de ida e outro de volta ata chegar á Fundación e xantaremos de campo no Souto. Polo que é preciso levar calzado axeitado e comida para cada unha/un.
O prezo da actividade é de 5€ para socias e socios e de 10€ para non socias/os. A saída será ás 07:30h. dende Ortigueira, con paradas no Barqueiro, Vicedo e Mañón. É preciso anotarse no teléfono 653756454.