Site icon Crónica3.com A Mariña

O 8 de xuño será o I Mercado Vivemar

Viveiro 28-5-19. No setembro pasado puidemos desfrutar en Viveiro do primeiro Vivemar, un proxecto sociocultural, expansivo e diverso, de promoción e divulgación do coñecemento e dos valores do mar e os ríos en Viveiro. Un Vivemar que nos permitiu vivir a cultura marítima a través de actividades moi diferentes e para todo tipo de públicos. Pero o Vivemar continúa vivo para afrontar novas iniciativas e continuar as comezadas en Setembro.
En breve poderemos coñecer o documental gravado a Paco Alonso, mariñeiro, patrón e armador de Celeiro, pero no seu día non se puidera realizar o mercado previsto, así que será agora o 08 de xuño cando teña lugar na Praza Maior dende as 10:30 ata as 21:30 horas.
Mercado aberto á participación de proxectos alimentarios ou artesanais onde se dén a man e mostren o mellor do noso territorio. Este mercado pretende ser algo máis que a venda de alimentos ou obxectos, senon máis ben un punto de encontro entre maiores, pequenos, turistas ou curiosos que desexen achegarse a Viveiro a pasar unha boa xornada. Haberá degustacións por parte dos participantes, xogos populares para que as familias desfruten doutro xeito de pasalo tempo.
Outra parte importante do mercado será a participación de nenas e nenos como feirantes, esto é, un mercadiño infantil para eles, no que podan experimentar durante 3 horas (de 16:30 a 19:30h) a venda de cousas feitas por eles, tanto de alimentos como de feituras varias e no que tamén haxa a
posibilidade de interactuar entre eles mediante o troco de útiles. Así que dende a organización convidamos a nais e pais a que animen aos pequenos a participar e valorar o próximo.
Ao remate do mercadiño infantil terá lugar un espectáculo a pé de rúa de temática feirante “Teatro á feira”

Exit mobile version