Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcaldable socialista de Foz, Fran Cajoto, amosa a súa satisfación pola ilusionante corrente de cambio

Foz 23 -05- 2019. O alcaldable socialista de Foz, Fran Cajoto, quere mostrar a súa satisfación pola ilusionante corrente de cambio que se respira en todos os rincóns de Foz.
Queremos gañar para implementar un Plan Integral de limpeza no pobo e nas parroquias. Gañar para Para cambiar o sentido á rúa Álvaro Cunqueiro
Logo de manter unha primeira rolda de contactos informal coas distintas administracións públicas afectadas reafirmámonos en que e o noso proxecto “Avenida Foz Centro” é unha gran aposta para vertebrar Foz.
“Quero ser alcalde de Foz para facer un pobo para vivir todo o ano e fixar a poboación activa. Para elo queremos implementar unha serie de medidas como un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas.
Queremos promover solo para vivienda oficial en especial para familias novas que queiran fixar a súa residencia.
Queremos un Foz limpo todo a ano, un Foz diferenciador e que volva a ser a envexa da Mariña Luguesa.
Este venres queremos invitar a toda a cidadanía do municipio ao mitín fin de campaña na Sala Bahía ás 20:30h, con pinchos e concerto musical.

Exit mobile version