Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG conquista Barreiros e o PSOE Foz. Llano e Maseda necesitarán pactos

A Mariña 27-5-19. O BNG conquista Barreiros e o PSOE Foz. O PSOE é inexpugnable en Lourenzá, Trabada, Alfoz e Ourol. O PP segue cos seus bastións de Cervo, O Vicedo, Xove, Riotorto e Mondoñedo. BNG continuará gobernando en Muras (maioría simple) e Ribadeo (absoluta). María Loureiro queda ás portas dunha maioría en Viveiro. Llano e Maseda dependen do BNG.
Os datos das eleccións municipais deste domingo abren cambios de goberno en Barreiros e Foz. Ana Ermida ó fronte do BNG será alcaldesa co apoio do PSOE. En Foz, Fran Cajoto consegue imporse ao PP de Javier Castiñeira e poderá gobernar con pactos (BNG 3 concelleiros e FPF 1). En Trabada, Lourenzá, Ourol, Alfoz e A Pontenova o PSOE afianza ou incrementa as súas maiorías que en Viveiro é simple. En Burela e O Valadouro, os socialistas terán que chegar a acordo co BNG. O PP é intocable en Riotorto, Mondoñedo, Cervo, Xove e O Vicedo. O BNG gobernará de novo con maioría abosoluta, terceira de Fernando Suárez en Ribadeo e Muras, onde é a forza máis votada.
A Deputación non ofrece trocos importantes. O PP terá 12 deputados por 10 dos socilaistas (un menos) e 3 do BNG (un máis).

Exit mobile version