Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro apoia ao comercio local e de proximidade

Viveiro 20-5-19. O BNG de Viveiro apoia ao comercio local e de proximidade fronte ás grandes superficies comerciais, fortalecendo o tecido comercial e empresarial propio e incentivando a compra nos comercios do noso concello, a través de campañas promocionais -actuacións musicais, teatrais- impulso dunha plataforma de venta on line do mercado municipal e o comercio, etc.
Promoverase o Impulso dunha marca de identidade propia para a hostalería de Viveiro cunha convocatoria de concurso profesional para a realización dunha imaxe gráfica.
Dinamización do sector hostaleiro a través de programas de promoción da man da cultura e a música.
Aplicación plans coordinados de promoción do turismo e do comercio local, a fin de estimular a actividade comercial do concello.
Planificación e promoción de festas (populares, xuvenís e gastronómicas) e feiras (do libro, da artesanía, do comercio, do produto da horta e do mar, etc.).
Acondicionamento de espazos abertos no casco urbano para “o mercado semanal” e os días de feira para contribuír a revitalizar o casco urbano de Viveiro.

Exit mobile version