Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro propón incluír no centros escolares do Concello o servizo de Madrugadores

 Viveiro 24-5-19. Dende o BNG de Viveiro entenden que hai moitas familias que sofren para lograr conciliar os seus horarios cos das súas crianzas, por iso propoñen que os centros escolares de Viveiro dispoñan dun servizo complementario de atención ao alumnado.

Míriam Bermúdez: “isto permitiría atender as necesidades reais en canto a conciliación da vida laboral e familiar, de tal maneira que, a aquelas persoas que non lles fose doado deixar ás súas crianzas nos horarios lectivos de cada centro, poidan deixalos igualmente pero en horarios máis temperás que das horas que darían comezo as clases.”

“Durante este tempo as rapazas e rapaces deberán estar atendidos por persoal cualificado, onde participarían en xogos, actividades de dinamización e incluso darlles o almorzo, fomentando así hábitos de alimentación saudábel,” explica Miriam.

Esta medida daríalle unha resposta eficaz a un problema que afecta a moitas familias podendo estar dinamizada dende o propio Concello en colaboración coas ANPAS.

Exit mobile version