Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, reclama a Fernando Suárez que explique porqué o Concello renuncia a subvencións da Xunta

 Ribadeo, 24 de maio de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, reclama a Fernando Suárez que explique porqué o Concello ribadense renuncia a subvencións da Xunta de Galicia e que pida perdón por insultar a outros cabezas de lista.
“Lamentamos que o señor Suárez falte á verdade porque nós explicamos con moita claridade que por parte do Concello de Ribadeo se pediu unha subvención para arranxar a rúa Pintor Fierros, que eu creo que é sumamente necesario, e sorpréndenos que se renuncie a unha subvención para pedir non sei que para volver pedir outra subvención; é dicir, seguir acudindo a un discurso de buscar un inimigo permanente para alimentar un propio ego desmedido do señor Suárez”, manifestou Daniel Vega.
O alcaldable do PP ribadense: “creo que con insultar non vamos ganar nada e é verdade que no debate e en moitas declaracións que fai o señor Suárez acude sistematicamente ao insulto. Pero nós non imos facer iso e o que pedimos é que explique con moita claridade ante os veciños da rúa Pintor Fierros e ante o conxunto de veciños de Ribadeo por que se perden subvencións e se piden outras, polo que parece que isto é a casa de Tócame Roque. Creo que ten que explicar moito, pedir perdón e retirar automaticamente os cualificativos que utiliza cara aos outros candidatos”.

Exit mobile version