Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA-Atletismo Ría de Foz conquista, por segundo ano consecutivo, “Las 6h de Leganés”

Este pasado sabado unha expedición do CCA-Atletismo Ría de Foz desprazouse ata a localidade de Leganés para correr unha das probas históricas desa comunidade, as 6h por relevos en pista. Esta proba consiste en correr nunha pista de atletismo durante 6h con relevos de 30 minutos e dar o maior número de voltas. Dos 12 equipos participantes, de grandísimo nivel e despois dunha dura batalla, a expedición mariñá de 12 atletas acadou a primeira posición, por segundo ano consecutivo, con 238 voltas, tres máis que os segundos clasificados, proclamándose campións desta XXIV edición.

Exit mobile version