Site icon Crónica3.com A Mariña

O coro do CEIP Fondo Nois de Foz actuará este martes, ás 17:30 no centro de Maiores de Burela

A iniciativa é similar á que xa se realizou o ano pasado no Centro de día e asilo de anciáns de Foz. O coro escolar, creado o pasado ano, ofrecerá un repertorio variado de cancións de diferentes países e culturas nun concerto chamado: “Un paseo polo mundo” no que se interpretan obras galegas, xaponesas, sudamericanas ou ata en linguas inventadas. Os 29 compoñentes do coro dirixidos polo mestre de música do colexio, Iván Vale, desenvolven este traballo como actividade extraescolar e, no seu pouco tempo de vida, xa teñen feito concertos no propio colexio, e saídas a Vilalba, Outeiro de Rei, Viveiro, Foz ou a máis recente ao certame “Ourencanto” de Ourense. A

Exit mobile version