Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza un acto derredor da publicación Feminismo para o 99%. Un manifesto na Librería Bahía de Foz

A Mariña 31-5-19. “Traducir para tender pontes entre mulleres e feminismos” é o título da actividade que terá lugar o 31 de maio ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz. Organizada polo Observatorio Mariña Pola Igualdade esta presentación e conversa derredor da publicación en galego de “Feminismo para o 99 %. Un manifesto” contará coa presenza de Patricia Buxán, de
Catroventos Editora; Olga Castro, doutora en tradución e interpretación e Sandra Saavedra, da directiva do OMI.
O feminismo para o 99 % é anticapitalista e transnacional. Ante a actual crise política do capitalismo, convídanos á solidariedade con outros movementos radicais para actuarmos desde a nosa diversidade a fn de transformar a sociedade.
Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya e Nancy Fraser son tres das promotoras da folga feminista de 2017 nos Estados Unidos. En 2018 escriben este manifesto no espírito dos milleiros de mobilizacións feministas. Manifestacións que reinventaron a folga ao faceren paros non só de traballo remunerado, senón tamén de traballo sociorreprodutivo non-remunerado
visibilizando a opresión de xénero que o capitalismo exerce ao subordinar o traballo da reprodución social ao da produción de benefcios.
Esta edición galega publícase simultaneamente en 12 edicións distintas, incluída a orixinal inglesa. Unha obra que vai acompañada dun limiar da feminista e escritora María Reimóndez que nos axuda a situar as ideas deste movemento no contexto galego.
Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade convidamos a todas as persoas interesadas a compartir conversa e impresións sobre o libro e contexto actual no que xorde.

Exit mobile version