Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Mariña destaca que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de máis de 1,2 millóns de euros

A Mariña, 23 maio, 2019. O Partido Popular da Mariña destaca que, grazas ás últimas axudas do Goberno de Feijóo, os Concellos realizarán obras por valor de máis de 1,2 millóns de euros. En total, trece entidades locais son as perceptoras desta inxección económica, así como a Mancomunidade de municipios.

Unha vez publicadas estas liñas de subvencións -do Fondo de Compensación Ambiental, e de Infraestruturas, Dotacións, Instalacións e Equipamentos para Servizos Municipios-, os candidatos populares gaban a xestión do Executivo autonómico, pois “vén a demostrar o seu compromiso público e notorio coa nosa comarca”.

Deste xeito, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Xove, Barreiros, A Pontenova, Alfoz, Ourol e Viveiro, así como os Concellos integrados na Mancomunidade executarán actuacións relacionadas co subministro de auga, adquisición de vehículos con equipamento para a protección do ambiente e o medio natural, recollida de lixo, limpeza viaria e recuperación de espazos públicos, entre outras.

Dado o esforzo inversor da administración autonómica, os cabezas de lista poñen en valor a importancia de que este domingo “os veciños apoien ao Partido Popular, xa que é a única formación que fai rendibles as administracións, xestionando e facendo útiles os fondos públicos”.

Exit mobile version