O Tentacle Summer confirma unha nova edición para este verán en Foz, será o 27 de xullo
redac
Mantén a súa última localización na urbanización As Lagoas. Os responsables do festival atópanse moi ilusionados con poder utilizar estas instalacións nas que recentemente se estreaba unha pista multideportiva de céspede artificial, rocódromo, parque infantil e un bowl con zona de street para os amantes do monopatín.