Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas no Goberno da Deputación cumpren cos veciños do Vicedo co arranxo doutros 4 quilómetros máis da LU-P-6402

 O Vicedo, 16 de maio de 2019. O PSOE dende o Goberno da Deputación atende unha vella demanda dos veciños do Vicedo co arranxo dun novo treito da LU-P-6402. Trátase da estrada provincial que vai de Cruz da Pardiñeira e Cristo de Portapena ao ramal de acceso á LU-P-6401.

O Presidente da Deputación, Darío Campos, e o candidato do PSOE no Vicedo, Vicente Parapar, informaron que se mellorará con máis de 160.000 euros 4 quilómetros desta vía. Estas obras xa están contratadas con dito orzamento, pois así o aprobou o Executivo da Deputación en Xunta de Goberno.

As melloras executaranse dende o punto quilométrico 12,870 ao 16,870. Estas actuacións súmanse as feitas anteriormente, con outros 160.000 euros, dende o punto quilométrico 9,3 ao 12,880. En total, o Goberno da Deputación mellora 7,5 quilómetros desta vía cun investimento de 320.000 euros do organismo provincial.

“Estas melloras beneficiarán directamente aos preto de 100 veciños que viven en Cabana e Riobarba”, destacaron os socialistas.

Os traballos financiados pola Deputación consistirán na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e renovación da sinalización horizontal e vertical, mellorando a seguridade dos usuarios desta estrada que une as parroquias de Cabana e Riobarba co núcleo urbano do Vicedo.

Campos Conde explicou que as obras previsiblemente comezarán nas videiras semanas tras a aprobación do Plan de Seguridade e Saúde.

Exit mobile version